CIF
G70438379 - NºRex.Central de Asociacións da Xunta:2015/019025

22/12/14

QUENES SOMOS....


Unha asociación sen ánimo de lucro  denominada “ASOCIACIÓN DE PACIENTES E USUARIOS DO CHUS” cos seguintes fins.......

5.1. Defensa do sistema público universal de saúde.
    - Derogación do Real Decreto –lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostenibilidade do S.N.S.
     - Defensa da equidade e igualdade no acceso á saúde de todas as persoas, independentemente do seu lugar de residencia en España, nacionalidade, sexo, idade, relixión, etc.
     -Defensa da calidade da atención primaria e hospitalaria e demanda dos recursos necesarios para facela efectiva.
    - Defensa e demanda dunha coordenación eficiente entre atención primaria e especializada.
    - Defensa e demanda de políticas efectivas de prevención primaria, secundaria e terciaria.
    - Defensa e demanda de políticas efectivas de educación sanitaria para a cidadanía .

5.2. Defensa dos dereitos dos pacientes (actualmente recoñecidos ou non).

      -Dereito á participación nos órganos de decisión con representación cidadá.(comités éticos, consellos asesores áreas clínicas, hospitais...).
    - Dereito a ter acceso libre e personalizado a unha información integral sobre o seu proceso asistencial (acceso á integridade do Historial Clínico,...).
      - Dereito á ter acceso a información transparente sobre as listas de agarda
   - Dereito a recibir unha comunicación eficaz de acordo cos parámetros establecidos no Roter Interaction Analysis System (RIAS)
    - Dereito a recibir os tratamentos máis idóneos segundo criterio médico, sen que este dereito se vexa impedido por trabas burocráticas e decisións políticas. (modificacións legais que impiden o acceso).
   - Dereito a recibir os coidados Paliativos necesarios para evitar sufrimentos innecesarios. 
     - Dereito ao acceso a unha morte digna.

5.3. Asesoramento e información aos asociados.

5.4.Interlocución coas autoridades sanitarias, profesionais sanitarios e asociacións de pacientes.

5.5. Función de vixiancia e control das decisións políticas.

    - Vixiancia e control do nomeamento dos cargos de modo que o seu labor e función non se vexan impedidos por conflitos de intereses que atenten contra a calidade do sistema público.
   - Denuncia dos procesos de privatización que menoscaban a calidade da atención sanitaria.

   - Demanda do acceso público ás listas de agarda.