04/03/15
27/02/15
20/02/15
07/02/15
01/02/15
EL PAIS
Salvar la sanidad pública
Renovar el Sistema Nacional de Salud es una exigencia moral apremiante
VICTORIA CAMPS / ADELA CORTINA 3 ENE 2015 - 00:00 CET
El Sistema Nacional de Salud se degrada.La sanidad pública sufre desde hace años un continuo deterioro que los recientes recortes indiscriminados derivados de la crisis económica han acentuado y acelerado. Ahora, tal como está, interpretada por cada comunidad autónoma a su aire; desentendida del Estado; con una gestión opaca y escaso afán por la eficiencia; sometida al partidismo; financieramente menguada;
El Sistema Nacional de Salud se degrada.La sanidad pública sufre desde hace años un continuo deterioro que los recientes recortes indiscriminados derivados de la crisis económica han acentuado y acelerado. Ahora, tal como está, interpretada por cada comunidad autónoma a su aire; desentendida del Estado; con una gestión opaca y escaso afán por la eficiencia; sometida al partidismo; financieramente menguada;
31/01/15
eldiario.es
El negocio de la sanidad privada crece tras el deterioro del sistema público
Las aseguradoras médicas suman 290.000 clientes en nueve meses y el volumen de negocio sube un 3,4% hasta septiembre al sumar 5.214 millones de euros Las clínicas privadas facturan 4.000 millones gracias al incremento de pólizas sanitarias mientras los convenios para listas de espera o pruebas diagnósticas disminuyen en 250 millones, un 4%. Raúl Rejón 10/12/2014 - 21:15h18/01/15
INICIATIVA BASE
INICIATIVA PARA A CREACIÓN
DUNHA ASOCIACIÓN DE PACIENTES E USUARIOS DA ÁREA SANITARIA DO
COMPLEXO HOSPITALARIO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (CHUS).
Un grupo de pacientes da área
sanitaria do CHUS, despois dunha reflexión simple, pero moi
meditada, sobre a situación que vivimos como usuarios da sanidade
pública, decidimos levar a cabo a iniciativa de constituír unha
Asociación tras consultar a opinión doutras asociacións xa
constituídas e con longa experiencia (Asociación SARELA, COGAMI,
Asociación de Usuarios dos Servizos Oncolóxicos do CHUS, Asociación
Galega de Fibromialxia, Asociación de Escleroses Múltiple de
Santiago de Compostela). Hoxe, chegou o momento de poñer negro sobre
brancoos motivos que nos levan dar este paso e a compartilos con
todos aqueles que sintan con nos a mesma urxencia e necesidade.
I. Os
nosos motivos
nacen da experiencia dos últimos anos como pacientes de diversas
doenzas e polo tanto son a expresión dunha vivencia persoal o
colectiva:
a) Desde o inicio da crise
soportamos
pasivamente o deterioro
dos servizos sanitarios públicos
como consecuencia da alarmante carencia de medios humanos e materiais
produto daspolíticas
públicas de recorte
do gasto (redución da plantilla de persoal e do número anual de
camas dispoñibles, saturación dos servizos de urxencia,
obsolescencia e falla de renovación do equipamento, deterioro dos
servizos de limpeza e desinfección de edificios e instalacións,
existencia de listas de espera camufladas, altas hospitalarias
prematuras e asistencia precaria en domicilio, derivación de
enfermos á privada).
b) Padecemos
a nosa expulsión
silenciosa pero brutal do sistema público
de saúde a través de medidas e disposicións legais manifestamente
ilexítimas, como o copagamento de medicamentos, ortoprótesis, e
ambulancias ou aquelas que deixan sen cobertura a inmigrantes
residentes no territorio do estado ou a nacionais que permanezan no
exterior máis de 2 meses.
c) Sen intervención ningunha
das autoridades sanitarias, sufrimos, con grave risco para nosa
saúde, o desabastecemento nas farmacias de medicamentos esenciais
para múltiples enfermidades crónicas (nalgún caso sen alternativa
farmacolóxica), ou simplemente négasenos o tratamento polo seu
elevado custo.
II.
Ante esta situación a nosa iniciativa ten obxectivos
moi simples pero
moi claros:
a) Poñer
fin ao silencio dos pacientes e usuarios da área sanitaria do CHUS,
comezando por desempeñar o papel de axentes activos que a
lexislación nos recoñece como destinatarios dos servizos
sanitarios, e defender os nosos dereitos como pacientes ante a
degradación da calidade do sistema público de saúde e a pretensión
de lexitimar a súa privatización.
b) Agrupar arredor
dunha iniciativa asociativa de defensa de dereitos ao conxunto de
pacientes e usuarios
tanto a nivel individual como colectivo, sen menoscabo da
coexistencia doutras asociacións e colectivos dos que poidamos
formar parte.
c) Colaborar
estreitamente cos profesionais sanitarios,
porque son os garantes e a columna vertebral da sanidade pública.
Estes son os nosos motivos e
esta é a nosa iniciativa. Sabemos que a tarefa non é doada, pero
nada temos que perder e si moito que gañar, pois o que está en xogo
non é só a nosa saúde, senón a das xeracións futuras. Non
queremos ser unha asociación máis. Pretendemos
sumar esforzos sobre un consenso básico: a defensa dos nosos
dereitos como pacientes e usuarios da sanidade pública.
Con este motivo, CONVIDÁMOSTE
a participar a
título individual ou como representante dun colectivo xa existente a
reunión que terá
lugar o próximo día 31 de outubro as 20:00 no seminario 6 do
Aulario Novoa Santos (contiguo ao CHUS) para continuar co proceso de
constitución e decidir a folla de ruta.
Pacientes e usuarios que
avalan a iniciativa:
Fernando Abraldes Rois,
Virgilio Vicente Barrado, Antonio Bernal López, Gloria Chousa Núñez,
María do Carmen Freire Bouzada, Xan García Muras, Mercedes López
Fernández, Xaime López García, Maria José López Pombo, Monserrat
Recalde Fernández....
14/01/15
07/01/15
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)