Unha
asociación sen ánimo de lucro denominada “ASOCIACIÓN DE PACIENTES
E USUARIOS DO CHUS” cos seguintes fins.......
5.1. Defensa
do sistema público universal de saúde.
- Derogación do Real Decreto –lei
16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a
sostenibilidade do S.N.S.
- Defensa da equidade e igualdade no
acceso á saúde de todas as persoas, independentemente do seu lugar
de residencia en España, nacionalidade, sexo, idade, relixión, etc.
-Defensa
da calidade da atención primaria e hospitalaria e demanda dos
recursos necesarios para facela efectiva.
- Defensa e demanda dunha coordenación eficiente entre
atención primaria e
especializada.
- Defensa
e demanda de políticas efectivas de prevención primaria, secundaria
e terciaria.
- Defensa
e demanda de políticas efectivas de educación sanitaria para a
cidadanía .
5.2.
Defensa dos dereitos dos pacientes
(actualmente recoñecidos ou non).
-Dereito
á participación nos órganos de decisión con representación
cidadá.(comités éticos, consellos asesores áreas clínicas,
hospitais...).
-
Dereito a ter acceso libre e personalizado a unha información
integral sobre o seu proceso asistencial
(acceso á
integridade do Historial Clínico,...).
-
Dereito á ter acceso a información transparente sobre as listas de
agarda
-
Dereito a recibir unha
comunicación eficaz de acordo cos parámetros establecidos no Roter
Interaction Analysis System (RIAS)
-
Dereito a recibir os tratamentos máis idóneos segundo criterio
médico, sen que este dereito se vexa impedido por trabas
burocráticas e decisións políticas. (modificacións legais que
impiden o acceso).
-
Dereito a recibir os coidados Paliativos necesarios para evitar
sufrimentos innecesarios.
- Dereito ao acceso a unha morte
digna.
5.3.
Asesoramento e
información aos asociados.
5.4.Interlocución
coas autoridades sanitarias, profesionais sanitarios e asociacións
de pacientes.
5.5.
Función de vixiancia e control das decisións políticas.
-
Vixiancia e control do nomeamento dos cargos de modo que o seu labor
e función non se vexan impedidos por conflitos de intereses que
atenten contra a calidade do sistema público.
-
Denuncia dos procesos de privatización que menoscaban a calidade da
atención sanitaria.
-
Demanda do acceso público ás listas de agarda.