CIF
G70438379 - NºRex.Central de Asociacións da Xunta:2015/019025

31/01/15

eldiario.es

Del derecho a la patente a los derechos de los pacientes: el dilema

Cuestionar el sistema de patentes a todos los niveles debería ser una obligación de todo aquel que quiera abordar la política científica y del medicamento de forma mínimamente reformadora
Javier Padilla


ACTASANITARIA.COM


O xogo dos tempos de espera na 

sanidade pública galega

O grupo de sanidade privada HM Hospitales desembarca en Galicia

eldiario.es

El negocio de la sanidad privada crece tras el deterioro del sistema público

Las aseguradoras médicas suman 290.000 clientes en nueve meses y el volumen de negocio sube un 3,4% hasta septiembre al sumar 5.214 millones de euros Las clínicas privadas facturan 4.000 millones gracias al incremento de pólizas sanitarias mientras los convenios para listas de espera o pruebas diagnósticas disminuyen en 250 millones, un 4%. Raúl Rejón 10/12/2014 - 21:15h

La Voz De Galicia

La asociación de pacientes del CHUS echa a andar

Se legalizó este mes y su presidente es Fernando Abraldes


eldiario.es 27/01/2015

Matar la sanidad pública

No es que no se pueda hacer mejor o que no tengamos dinero. Es una estrategia. Así se hunden los servicios públicos y se alimenta el mito de la superioridad de lo privado

La conselleira reduce el caos en urgencias a un problema de “confort”

Mosquera ve “altísima” la calidad asistencial y niega el daño de los recortes

“No ha faltado nada necesario para atender a los pacientes”, afirma

 Santiago de Compostela 13 ENE 2015 - 19:44 CET




18/01/15

INICIATIVA BASE

INICIATIVA PARA A CREACIÓN DUNHA ASOCIACIÓN DE PACIENTES E USUARIOS DA ÁREA SANITARIA DO COMPLEXO HOSPITALARIO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (CHUS).

Un grupo de pacientes da área sanitaria do CHUS, despois dunha reflexión simple, pero moi meditada, sobre a situación que vivimos como usuarios da sanidade pública, decidimos levar a cabo a iniciativa de constituír unha Asociación tras consultar a opinión doutras asociacións xa constituídas e con longa experiencia (Asociación SARELA, COGAMI, Asociación de Usuarios dos Servizos Oncolóxicos do CHUS, Asociación Galega de Fibromialxia, Asociación de Escleroses Múltiple de Santiago de Compostela). Hoxe, chegou o momento de poñer negro sobre brancoos motivos que nos levan dar este paso e a compartilos con todos aqueles que sintan con nos a mesma urxencia e necesidade.

I. Os nosos motivos nacen da experiencia dos últimos anos como pacientes de diversas doenzas e polo tanto son a expresión dunha vivencia persoal o colectiva:
a) Desde o inicio da crise soportamos pasivamente o deterioro dos servizos sanitarios públicos como consecuencia da alarmante carencia de medios humanos e materiais produto daspolíticas públicas de recorte do gasto (redución da plantilla de persoal e do número anual de camas dispoñibles, saturación dos servizos de urxencia, obsolescencia e falla de renovación do equipamento, deterioro dos servizos de limpeza e desinfección de edificios e instalacións, existencia de listas de espera camufladas, altas hospitalarias prematuras e asistencia precaria en domicilio, derivación de enfermos á privada).
b) Padecemos a nosa expulsión silenciosa pero brutal do sistema público de saúde a través de medidas e disposicións legais manifestamente ilexítimas, como o copagamento de medicamentos, ortoprótesis, e ambulancias ou aquelas que deixan sen cobertura a inmigrantes residentes no territorio do estado ou a nacionais que permanezan no exterior máis de 2 meses.
c) Sen intervención ningunha das autoridades sanitarias, sufrimos, con grave risco para nosa saúde, o desabastecemento nas farmacias de medicamentos esenciais para múltiples enfermidades crónicas (nalgún caso sen alternativa farmacolóxica), ou simplemente négasenos o tratamento polo seu elevado custo.

II. Ante esta situación a nosa iniciativa ten obxectivos moi simples pero moi claros:
a) Poñer fin ao silencio dos pacientes e usuarios da área sanitaria do CHUS, comezando por desempeñar o papel de axentes activos que a lexislación nos recoñece como destinatarios dos servizos sanitarios, e defender os nosos dereitos como pacientes ante a degradación da calidade do sistema público de saúde e a pretensión de lexitimar a súa privatización.
b) Agrupar arredor dunha iniciativa asociativa de defensa de dereitos ao conxunto de pacientes e usuarios tanto a nivel individual como colectivo, sen menoscabo da coexistencia doutras asociacións e colectivos dos que poidamos formar parte.
c) Colaborar estreitamente cos profesionais sanitarios, porque son os garantes e a columna vertebral da sanidade pública.

Estes son os nosos motivos e esta é a nosa iniciativa. Sabemos que a tarefa non é doada, pero nada temos que perder e si moito que gañar, pois o que está en xogo non é só a nosa saúde, senón a das xeracións futuras. Non queremos ser unha asociación máis. Pretendemos sumar esforzos sobre un consenso básico: a defensa dos nosos dereitos como pacientes e usuarios da sanidade pública. Con este motivo, CONVIDÁMOSTE a participar a título individual ou como representante dun colectivo xa existente a reunión que terá lugar o próximo día 31 de outubro as 20:00 no seminario 6 do Aulario Novoa Santos (contiguo ao CHUS) para continuar co proceso de constitución e decidir a folla de ruta.

Pacientes e usuarios que avalan a iniciativa:
Fernando Abraldes Rois, Virgilio Vicente Barrado, Antonio Bernal López, Gloria Chousa Núñez, María do Carmen Freire Bouzada, Xan García Muras, Mercedes López Fernández, Xaime López García, Maria José López Pombo, Monserrat Recalde Fernández....


COMUNICADO COLAPSO DAS URXENCIAS